Sunday 28 de April de 2024

O Partido Popular asegura que a este ritmo non teremos orzamentos municipais para 2024


Preguntará polos plans do goberno sobre os orzamentos no próximo pleno.

O Partido Popular a través do seu grupo municipal preguntará no próximo Pleno ordinario polas intencións do equipo de goberno en canto á presentación e aprobación dos orzamentos municipais para 2024.

Os orzamentos debesen estar aprobados antes de fin de ano para empezar a ser executados a comezos do seguinte, pero isto vai resultar imposible.

” Non temos notificación oficial acerca das intencións do Goberno respecto a os orzamentos municipais” manifestou Esperanza Arias.

Para o Partido Popular non son poucas as cuestións que requiren o inmediato interese da corporación vinculando ás mesmas a correspondente partida orzamentaria.

” En todo caso e dada a situación en que se atopa o municipio, estamos dispostos a colaborar no posible para darlle unha saída ao documento orzamentario e por tanto quedamos á espera de noticias” asegurou a portavoz popular.